Mamen Sabio (CCOO): "Deixamos de traballar en moitas ocasións para coidar menores e dependentes"
Mamen Sabio (CCOO): "Deixamos de traballar en moitas ocasións para coidar menores e dependentes"
O sindicato chama a corrixir a precariedade laboral feminina neste 8 de marzo
A secretaria da Muller de Comisións Obreiras, Mamen Sabio, atribúe a principal causa da precariedade laboral das mulleres á falta de corresponsabilidade nos coidados. Se a maioría de contratos temporais e a tempo parcial están ocupados por traballadoras, di, é porque teñen que compaxinar a súa carreira profesional cos coidados familiares,
"Deixamos de traballar en moitas ocasións para coidar menores e dependentes, asumimos ese rol que non é compartido... Poñemos freo ao noso desenvolvemento profesional, que despois se verá repercutido nas pensións", asegura Sabio.
A secretaria da Muller de CCOO sinala tamén que é preciso corrixir a fenda salarial a través dunha negociación colectiva que valore o traballo de xeito equitativo nos sectores máis feminizados.
Normalmente, sinala, dáselle maior valor económico a un posto que implica responsabilidade ou dispoñibilidade, postos ós que acceden menos mulleres pola súa asunción dos coidados. Pola contra, di, non se puntúa "a carga emocional, a polivalencia...".