Publicador de contidos
Publicador de contidos

Celébrase unha nova edición da Feira do Capón de Vilalba

Celébrase unha nova edición da Feira do Capón de Vilalba

Criadores e clientes cítanse coa tradición

Este ano criáronse máis de 1.200 animais

Os prezos van dende os 110 euros a peza

G24.gal 21/12/2023 14:32

Mentres que dentro preparaban o prezado manxar, fóra esperaban con ansia a apertura da carpa. Hai que ser rápidos porque os capóns de Vilalba teñen moita demanda.

"O que non compre ao primeiro, que se esqueza, que xa queda sen el".

Criáronse este ano máis de 1200 pero moitos vanse vendendo xa con reservas previas.

 "Á feira só trouxen seis sen vender, o resto xa estaba todo colocado". 

A tradición e a demanda do capón de Vilalba esténdese por toda a península.

"A maioría vai para Madrid, para Asturias van bastantes, tamén para A Rioxa, para Vigo, para Pontevedra...".

Á feira achéganse veciños e visitantes.

"Xa mercamos dous, e viñemos dende Ponferrada a propósito".

Este ano hai novos produtores que criaron dun xeito diferente.

"Nós criámolos en liberdade ata o sacrificio, apostamos polo benestar animal".

Os prezos parten de 110 euros e houbo algún exemplar que chegou aos 180.

"Están todos moi bonitos pero levan un prezo que lles chega ben, o que pasa é que tamén dá moito traballo crialos".

Aquí non importa o prezo, predomina a tradición.

"Merquei oito, algún para regalar e outros para comer".

E os que conseguen o prezado manxar marchan contentos.

"Contento, levo moi boa calidade e para o ano que ven se Deus quere volveremos".

As portas da feira mesmo hai facilidades para quen queira enviar os capóns.

"Xa o compras, xa cho empaquetan, xa cho levan e non tes que andar cargando con eles, iso é unha marabilla". 

Agora só queda cociñalo e gozar do seu sabor esta Noiteboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar