Douvikas catapulta o Celta ata os cuartos de final da Copa (1-3)
Douvikas catapulta o Celta ata os cuartos de final da Copa (1-3)
O traballo do xogador grego, culminado con dous goles, resultou determinante para o triunfo no campo do Valencia
Sete anos despois o equipo vigués volve á antepenúltima eliminatoria
O Celta xa está nos cuartos de final da Copa despois de gañar por 1-3 no campo de Mestalla cun Douvikas estelar. O grego marcou dous goles e cada aparición súa era sinónimo de perigo.
Entrou moi ben no partido o Celta. Un equipo con moitos canteiráns que se adiantou no minuto 13 grazas á habilidade de Luca de la Torre cun remate de calcaño logo dun córner.
⚽️ ¡¡GOOOOOOL!! ¡¡DE TACOOOÓN!! ¡¡SE ADELANTA EL CELTAAAA!!
— RFEF (@rfef) January 17, 2024
🫢 Sin palabras con lo que ha hecho Luca de la Torre.
🆚 @valenciacf | 0-1 | @RCCelta | 13’
📺 @MovistarFutbol
ℹ️ Minuto a Minuto: https://t.co/CAQw8fCr6Y #LaCopaMola🏆 | #CopaDelRey pic.twitter.com/mgpMjrZZl1
A vantaxe aumentou pouco despois nun penalti cometido sobre Miguel e transformado por Douvikas.
⚽️ ¡¡GOOOOOOL!! ¡¡AMPLÍA DISTANCIAS EL CELTA DE VIGO!!
— RFEF (@rfef) January 17, 2024
Cinco minutos después, anotan los visitantes desde el punto de penalti gracias a Douvikas.
🆚 @valenciacf | 0-2 | @RCCelta | 18’
📺 @MovistarFutbol
ℹ️ Minuto a Minuto: https://t.co/CAQw8fCr6Y #LaCopaMola🏆 | #CopaDelRey pic.twitter.com/w4Iaj3OeTs
Á contra facía moito dano o Celta que mesmo puido facer o terceiro grazas ás constantes aparicións de Douvikas. Pero antes do descanso o Valencia recurtou diferenzas cun penalti por mans de Carlos Domínguez marcado por Pepelu.
No segundo tempo o partido non tivo un carácter tan ofensivo. O Celta gardou máis a súa portería e ao Valencia custáballe xerar ocasións. Só un aviso de Jesús Vázquez no 61 e outro de Hugo Duro no 68.
Pero no 80 volveu aparecer Douvikas para sentenciar. Roubou Tapia, xogou cara Manu Sánchez e o centro deste rematouno o grego, máximo goleador no torneo copeiro e que reclama a titularidade na Liga.
⚽️ ¡¡GOOOOOOL DEL CELTAAA!! ¡¡EL SEGUNDO DE DOUVIKAAAS!!
— RFEF (@rfef) January 17, 2024
Gran jugada por la izquierda que finaliza con un cabezado inapelable el ariete griego.
🆚 @valenciacf | 1-3 | @RCCelta | 80’
📺 @MovistarFutbol
ℹ️ Minuto a Minuto: https://t.co/CAQw8fCr6Y #LaCopaMola🏆 | #CopaDelRey pic.twitter.com/hTfjtcJ55w