Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de consultas suspendidas pola folga de oftalmólogos en Vigo

Centos de consultas suspendidas pola folga de oftalmólogos en Vigo

Os especialistas reclaman que no servizo de urxencias estea presente, como mínimo, un residente de terceiro ano

Dende o Sergas din que se trata dunha folga inxustificada

G24.gal 10/03/2022 13:53

Máis de 500 consultas supendidas e decenas de intervencións pospostas por mor da folga dos oftalmólogos na área sanitaria de Vigo.  Os especialistas reclaman que no servizo de urxencias estea presente, como mínimo, un residente de terceiro ano, para garantir a calidade da atención. Neste momento denuncian que só está no hospital un residente de segundo ano, mentres que o adxunto fai garda localizada dende a casa.

Dende o Sergas din que se trata dunha folga inxustificada e que atenderon o 90 % das reclamacións dos oftalmólogos. Máis do 90 % están a secundar esta folga. Mentres, os otorrinos de Santiago amplían a folga indefinida que mantiñan os martes, tamén aos xoves dende esta semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade