Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de funcionarios alemáns deben abandonar Rusia a partir de xuño

Centos de funcionarios alemáns deben abandonar Rusia a partir de xuño

Moscova limitou o número máximo de persoal das representacións diplomáticas e organizacións culturais alemás no país

G24.gal 27/05/2023 09:40 Última actualización 27/05/2023 10:18

Centos de funcionarios alemáns, entre eles diplomáticos e docentes, deberán abandonar Rusia a partir do vindeiro 1 de xuño, segundo confirmou o Ministerio de Exteriores xermano ao diario Süddeutsche Zeitung.

Moscova decidiu limitar drasticamente o número máximo de persoal das representacións diplomáticas e das organizacións culturais alemás no país, como represalia pola expulsión de diplomáticos rusos implicados presuntamente en labores de espionaxe.

"Este límite establecido por Moscova a partir de principios de xuño require un gran recorte en todos os ámbitos da nosa presenza en Rusia," confirmou o Ministerio de Asuntos Exteriores alemán ao devandito medio.

Segundo Süddeutsche Zeitung afecta a diplomáticos, docentes de institutos de ensino alemáns en Moscova e persoal do Instituto cultural Goethe.

Ademais da embaixada na capital, existen consulados alemáns en Yekaterinburgo, Kaliningrado, Novosibirsk e San Petersburgo.

En abril tiveron que abandonar Alemaña 30 persoas de representacións diplomáticas rusas sospeitosas, segundo os servizos secretos alemáns, de estaren implicados en labores de espionaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade