Publicador de contidos
Publicador de contidos

Centos de motos antigas participan na ruta Terras de Padrón

Centos de motos antigas participan na ruta Terras de Padrón

As motos clásicas fan un percorrido duns 100 km por varios concellos

A cita reúne afeccionados do mundo do motor de aquí e do estranxeiro

G24.gal 01/05/2023 13:54

O son dos motores fíxose sentir durante este primeiro de maio na Ruta Internacional de Motos Antigas Terras de Padrón. Nesta cita, que vai pola edición número 15, esíxenlles os participantes certos requisitos.

"Non admitimos motos a partir do ano 85 porque non son clásicas. Desde o 85 para atrás pode participar calquera. Veñen de Portugal motos moi boas, moi antigas, dos anos 30 ou 40. Estas son as únicas normas que hai", lembra Manolo Azpiazu, presidente do Clube de Motos Antigas Terras de Padrón.

A ruta partiu desde o municipio de Padrón, onde se concentraron todas as motos clásicas, algunhas especialmente exclusivas. Máis ou menos singulares, todas estas motos teñen a súa historia e un valor moi especial para os seus propietarios. Tras a concentración, estas xoias iniciaron a ruta, duns 100 quilómetros, por varios concellos da comarca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade