Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reforzará a atención á saúde mental este mesmo ano con novas prazas residenciais e de rehabilitación

A Xunta reforzará a atención á saúde mental este mesmo ano con novas prazas residenciais e de rehabilitación

O conselleiro de Sanidade subliña tamén que están a elaborar un novo plan de Saúde Mental que suporá máis recursos e orzamentos

Gómez Caamaño inaugurou en Cervo un novo centro de atención para persoas con problemas de saúde mental

G24.gal 08/04/2025 14:45

Cervo conta cun novo servizo en materia de saúde mental: o centro de rehabilitación psicosocial e laboral A Mariña.

O conselleiro de sanidade, Antonio Gómez Caamaño, comentou na inauguración das instalacións que a Xunta reforzará a atención á saúde mental coa creación este mesmo ano de novas prazas residenciais e de rehabilitación, e que está a elaborar un novo plan de saúde mental que suporá máis recursos e orzamentos neste ámbito da saúde e que tamén estenderá a atención psicolóxica aos servizos de atención primaria.

A colaboración entre a Consellería e a Asociación de Saúde Mental A Mariña posibilita que a costa de Lugo conte con 50 prazas en residencias para pacientes e outras 95 en centros de día de rehabilitación psicosocial e laboral coma o que hoxe abre as súas portas. 

Na actualidade, xa son 4 os centros de rehabilitación psicosocial e laboral da Asociación de Saúde Mental A Mariña na comarca, que se suman ás dúas residencias que esta asociación xestiona en Cervo e ás dúas vivendas tuteladas que acollen a diferentes colectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade