A Xunta destina máis de oito millóns de euros á asistencia sanitaria a drogodependentes
O Goberno galego ultima a Lei de prevención de condutas adictivas, unha iniciativa pioneira que prestará unha especial atención aos mozos
As asociacións de loita contra a drogadicción en Galicia van recibir máis de 8 millóns de euros da Xunta para desenvolver o seu labor de axuda ás máis de 7.000 persoas que atenden na nosa comunidade. O conselleiro de Sanidade avanzou que o Goberno galego ten practicamente rematada a nova lei de prevención de condutas adictivas, unha iniciativa pioneira que prestará unha especial atención aos mozos.
"Preocúpanos especialmente a xente nova. Con ela hai que facer un traballo grande de educación sanitaria e de prevención. Por iso a lei vai supoñer un fito importante na prevención de adiccións", explica Antonio Gómez Caamaño.