Cestas de Nadal con produtos ecolóxicos e de proximidade
Cestas de Nadal con produtos ecolóxicos e de proximidade
A cooperativa ÀFeito prepáraas na súa tenda de Miño
Quizais xa recibiran este ano algunha cesta de Nadal. É un agasallo con infinitas posibilidades que normalmente tratamos de adaptar aos gustos do destinatario. Iso é o que fan nunha cooperativa de Miño, onde deseñan cestas personalizadas que ademais teñen un valor engadido. Todos os produtos son de proximidade e respectuosos co medio ambiente.
Son cestas personalizadas, pero todas deseñadas baixo a mesma premisa: unha aposta decidida polo consumo responsable e polo produto local. Na tenda venden alimentación e cosmética natural procurando sempre minimizar ao máximo a pegada ambiental.
ÀFeito abriu as súas portas en febreiro. As dúas socias buscaban o mesmo, poder conciliar e estar reto da casa cun proxecto no rural que prioriza os produtores locais e o valor da comunidade. A tenda xa é un punto de encontro para a veciñanza no lugar de Bemantes.