Clavijo anuncia medidas xurídicas ante "o abandono de funcións do Goberno"
Clavijo anuncia medidas xurídicas ante "o abandono de funcións do Goberno"
Ceuta acada o seu máximo histórico de menores non acompañados acollidos
Canarias, desbordada pola chegada de migrantes, propón un debate xurídico ante o que consideran desleixo de funcións do Goberno. Este luns reúnense os partidos que asinaron o pacto migratorio nas illas para abordar a situación. Fernando Clavijo, o presidente de Canarias critica que "o Goberno de España está deixando abandonada a Canarias"
Ceuta rexistra no seu día grande o maior número de menores non acompañados acollidos, son 520. O Goberno agarda aprobar en outubro a reforma do regulamento de estranxeiría. A ministra de migracións evitou confirmar se o PSOE apoiará finalmente a iniciativa lexislativa que permitiría regularizar preto de medio millón de inmigrantes. Elma Saiz, ministra de Inclusión, sinalou que lles "corresponde ás forzas políticas representadas no Congreso".
O Partido Popular apunta que debe estudarse caso a caso a situación das persoas migrantes. Alberto Núñez Feijóo destacou que "esa iniciativa non significa papeis para todos. Os que cumpren uns requisitos terían permanencia no país".
Nas últimas horas, a Garda Civil interceptaba xa en terra 17 migrantes, todos en bo estado, que chegaran a bordo dunha embarcación a Formentera.