Chacón e Manín elevan o Arenteiro á sétima praza
Chacón e Manín elevan o Arenteiro á sétima praza
Os ourensáns conseguen os tres puntos na súa visita ao UE Cornellá
Vitoria do Arenteiro esta tarde en Chavá ante a UE Cornellá. Os de Javi Rey lograron impoñerse na casa dun rival necesitado de puntos que permanece ás portas do descenso. Os ourensáns ascenden ata a sétima praza, a cinco puntos da promoción de ascenso que marca a Ponferradina.
O primeiro tanto do encontro chegaría da man de Chacón no minuto 24 do primeiro tempo. Un pase alto habilitaríao para encarar ao porteiro, deixalo sentado cun toque maxistral e definir a pracer adiantando ao Arenteiro. O equipo ourensán seguiría apertando nunha primeira parte onde habería máis ocasións, pero non conseguiría materializar o segundo.
A segunda metade comezaría cunha UE Cornellá tratando de levar a iniciativa. Sería no minuto 70 cando un balón longo por banda dereita desembocaría nun centro raso que rematou Manín a pracer. Os xogadores do conxunto catalán protestaron ao árbitro unha posible falta previa, mais o gol subiría ao marcador.
Nos últimos intres do partido un zurdazo de Teddy maquillaría o resultado final. O Arenteiro consegue así tres importantes puntos fóra da casa.