Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chantan árbores de Nadal nas fochas para reclamar o arranxo dunha pista de Lugo

Chantan árbores de Nadal nas fochas para reclamar o arranxo dunha pista de Lugo

Os veciños de Segade, na parroquia de Teixeiro, xuntaron 80 firmas para pedir a obra

Félix Aragunde 14/12/2023 13:20

Aínda circulando moi amodo e pola beira, os veciños de Segade, en Lugo, teñen serias dificultades para acceder ás súas vivendas. E o mesmo lles pasa aos servizos, incluídos os de emerxencias, cando teñen que acudir a este lugar da parroquia de Teixeiro.

As fochancas son cada vez máis grandes, ao igual que as avarías nos vehículos. E isto sucede, ademais, nunha zona sen cobertura telefónica. A única alternativa para chegar a Segade era unha pista a través dos Lagos de Teixeiro, pero actualmente encóntrase aínda en peor estado.

A veciñanza leva xa cinco anos denunciando esta situación, que se foi agravando co tempo. Tras entregar no rexistro municipal un escrito con preto de 80 sinaturas, aproveitaron estas datas para chantar nas fochas árbores de Nadal e darlles así unha maior visibilidade.

Aínda que varias das árbores artificiais xa desapareceron co paso dos camións, algúns dos abetos seguen en pé nas fochancas máis perigosas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar