Cargando resultados...
Chega a Bilbao a muller ferida no atentado de Afganistán
Chega a Bilbao a muller ferida no atentado de Afganistán
É unha das vítimas do atentado do pasado venres en Afganistán
Momento da chegada do avión medicalizado Beechcraft Hawker 1000B (EFE/Luis Tejido)
G24.gal
22/05/2024 18:59
O avión medicalizado que trasladou desde Cabul á bilbaína Araceli Tamayo, aterrou ás 17:20 horas no aeroporto biscaíño de Loiu.
Media hora despois da súa chegada, unha ambulancia puxo rumbo ao hospital bilbaíno de Basurto, onde a muller ferida ingresou en Urxencias para unha primeira análise médica sobre o seu estado.
Araceli Tamayo é unha das vítimas do atentado ocorrido o pasado venres en Afganistán no que morreron tres turistas españois e tres afgáns.