Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chega a Vigo o primeiro tren Avril de alta velocidade nunha viaxe de proba

Chega a Vigo o primeiro tren Avril de alta velocidade nunha viaxe de proba

A posta en funcionamento dos convois de alta velocidade está prevista para o próximo 21 de maio

A viaxe dende Madrid durou algo máis de catro horas e media, un recorte de quince minutos 

 

G24.gal 28/04/2024 08:23 Última actualización 28/04/2024 08:44

Comezaron as probas dos trens Avril que levarán a alta velocidade ás cidades galegas. Con dous anos de atraso, este sábado Renfe realizou a primeira  viaxe de proba para verificar que todo está en orde.

O traxecto entre Madrid e Vigo durou algo máis de catro horas e media, o que supón un recorte de quince minutos. A posta en funcionamento dos trens está prevista para o vindeiro 21 de maio pero os billetes xa están á venda. 

Renfe estrea coa serie 106 o AVE ás cidades de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Santiago e A Coruña despois de que no 2021 a alta velocidade chegara a Galicia cunha conexión directa entre Madrid e Ourense.

Os que non virán polo momento a Galicia son os trens de alta velocidade de baixo custo de Renfe, os Avlo. Dende a Xunta critican o trato discriminatorio e a falta de información por parte do Ministerio.

Os Avril permitirán aumentar o número de prazas por tren ata as máis de cincocentas. As obras de estación de Chamartín obrigarán a unha estrea progresiva da oferta comercial que comezará con dúas viaxes ao día, unha de ida e outra de volta a medianoite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade