Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan ás farmacias os tests rápidos combinados de covid e gripe

Chegan ás farmacias os tests rápidos combinados de covid e gripe

Permite saber se hai contaxio dun ou doutro virus

O seu prezo é similar ao da proba da covid-19

G24.gal 24/09/2022 21:27 Última actualización 24/09/2022 21:54

Falamos dun só test que permite saber se temos covid ou gripe e xa chegou ás farmacias de Galicia. O funcionamento é similar ao xa coñecido.

A mostra é nasal, e unha vez que a mesturamos co reactivo, temos que colocar dúas gotas, para coronavirus e para gripe. En quince minutos obtemos o resultado.

De momento a súa demanda está sendo escasa pero cren que irá aumentando a medida que avance o outono. O seu prezo é de 2,94 euros.

Estes novos tests seguirán convivindo cos da covid, pero se ambos os dous virus comezan a circular este outono á vez, esta proba podería ser a elixida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade