Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chipi: "Castro é unha pequena Galia. Era imposible que nos saíse mal"

Chipi: "Castro é unha pequena Galia. Era imposible que nos saíse mal"

O técnico do Castro F. S. festexou na Radio Galega o ascenso á máxima categoría

G24.gal 21/05/2023 16:14 Última actualización 21/05/2023 19:14

Ata seis conxuntos terá Galicia a vindeira temporada na máxima categoría do fútbol sala feminino tras o ascenso do Castro F. S. este sábado.

Logo dunha longa noite de festa, o técnico Chipi atendeu o Galicia en goles para avaliar este fito histórico desta pequena parroquia lucense.

"A noite foi máis dura que o propio partido. Este equipo xa está na elite. Fan moi ben as cousas. O rival foi moi difícil e sabiamos que ía ser complicado. Este pobo é moi duro. Co seu apoio era imposible que nos saíse mal. Galicia ten un nivel altísimo neste deporte, xa historicamente. Castro é unha pequena Galia, cando se lles mete algo na cabeza, acaban conseguíndoo".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar