Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chipperfield deseñará a rehabilitación do núcleo tradicional das Xubias, na Coruña

Chipperfield deseñará a rehabilitación do núcleo tradicional das Xubias, na Coruña

A cidade da Coruña dá un paso máis na rexeneración da ría do Burgo

A alcaldesa concretou que se vai "crear unha senda para peóns que una a praia de Oza coas Xubias de abaixo pasando xunto ao pazo de Guyatt

G24.gal 08/07/2024 14:39

A cidade da Coruña dá un paso máis na rexeneración da ría do Burgo cun proxecto que transformará As Xubias. O prestixioso arquitecto David Chipperfield será o encargado de rehabilitar este enclave tradicional. 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, concretou que se vai "crear unha senda para peóns que una a praia de Oza coas Xubias de abaixo pasando xunto ao pazo de Guyatt, cuxo xardín se vai incorporar como espazo público. Imos incrementar a calidade urbana coa creación de zonas verdes e imos apostar por unha política de rehabilitación de vivendas e tamén pola integración de vivendas de protección oficial entre as vivendas libres"

A rehabilitación corerrá a cargo dun fondo de investimento europeo especializado en rexeneración de solos industriais e deteriorados. Mercou xa preto de 25.000 metros cadrados na área onde se vai intervir.

Antonio Truan e o director xeral para España e Portugal de Ginkgo Advisor e explica que "non é só As Xubias en concreto. Temos tamén a parte do estaleiro, que ten certa contaminación no subsolo e que hai que rexenerar absolutamente, non?. Iso levará tempo"

Para darlle pegada local o estudo de David Chipperfiel traballará con cinco estudos de arquitectura da Coruña. Chipperfield cre "que somos afortunados porque os investidores ven o estudo do arquitecto David Chipperfieldproxecto como proxecto urbanístico, non comercial"

O proxecto mestura urbanismo, arquitectura, medio ambiente e sostibilidade. E o convenio que o vai desenvolver asinarase nos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade