As obras de dragaxe da ría do Burgo pasan factura aos negocios da zona
As obras de dragaxe da ría do Burgo pasan factura aos negocios da zona
Moitos establecementos denuncian que se están a resentir das obras de rexeneración postas en marcha na ría do Burgo
Piden que os traballos se axilicen para evitar que as perdas sexan maiores
Os que fagan uso das terrazas dos locais de hostalería tamén van ter que tirar de memoria para lembrar as vistas que había dende aquí á ría do Burgo, porque hai xa meses o único que se pode ver é é este muro, que non fixo máis que transformar o entorno
Instalouse para minimizar o ruído que fan as máquinas que están dragando a ría. Pero din algúns dos propietarios da zona que hai xa meses que non traballan polo que non entenden que non se retiren. Din que se non hai vistas, os ingresos dos seus locais tamén se resenten.
Algún negocio de hostalaría xa fala de perdas importantes.
Saben que os traballos son necesarios, e por iso o único que piden e que se axilicen, para minimizar o impacto sobre os seus locais.
En principio está previsto que as obras rematen para o vindeiro ano.