Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol acelera no mercado, Chiki e Álvaro Sanz chegan a Ferrol

O Rácing de Ferrol acelera no mercado, Chiki e Álvaro Sanz chegan a Ferrol

O dianteiro quedaba libre tras xogar a última tempada en segunda co Alcorcón

O centrocampista canteirán do Barcelona chega tras unha boa tempada no Mirandés

G24.gal 03/07/2024 18:10

Días frenéticos nas oficinas do Rácing de Ferrol. Tras as fichaxes anunciadas estes días, o Rácing vén de anunciar dúas novas fichaxes, a de Christian Borrego 'Chiki', dianteiro que achegará moita loita e competirá con Álvaro Giménez por ser o dianteiro titular na segunda tempada en Segunda División, e a de Álvaro Sanz, mediocampista de bo pé, canteirán do Barcelona e que fixo un moi bo ano no Mirandés.

Christian Borrego, competencia para Álvaro na dianteira

Chiki é un xogador de 27 anos e 1,70 metros que saíu da canteira do Leganés. Ten moita experiencia en case todas as divisións do fútbol español, tras xogar no Raio Majadahonda, Sporting de Xixón B, a UE Cornellá e o ano pasado no Alcorcón en Segunda división. Malia non ser un dianteiro moi goleador, 4 goles a tempada pasada, moitos clubs de 1 RFEF e algúns de segunda loitaban pola fichaxe do xogador que finalmente asina cun Rácing de Ferrol que está inmerso nunha reestruturación completa do seu equipo.

Álvaro Sanz, calidade para o centro do campo

Álvaro Sanz é un mediocampista internacional en categorías inferiores e canteirán do Barça que chegou a debutar en primeira. Con 23 anos e a mesma estatura que Chiki, Álvaro é un pivote propio da Masía, con bo pé e clarividencia co balón, buscando controlar o ritmo de partido. Esta pasada tempada xogou 42 partidos no Mirandés, 41 en liga e 1 en copa, meteu un gol e deu dúas asistencias.                                                                                                                                                                                                                           

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar