Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado quere seguir coa remonta en Indonesia

Jorge Prado quere seguir coa remonta en Indonesia

Na carreira de cualificación perdeu dous puntos con Gajser, pero o domingo chega a cita decisiva (desde as 7 da mañá na G2 e Agalega.gal)

G24.gal 06/07/2024 10:05

Logo do gran botín acadado a semana pasada no primeiro dos dous grandes premios de Indonesia no que Jorge Prado conseguiu recuperarlle doce puntos a Tim Gajser chega a segunda cita en Lombok. Tocará volver a madrugar porque os horarios van ser este domingo ás 7:00 e ás 10:00 da mañá -G2 e Agalega.gal en directo-. 

Na carreira de cualificación Prado quedou de cuarto, dous postos por detrás de Tim Gajser co que se deixou dous puntos na xeral do Mundial de Motocrós. Agora a diferenza a prol do esloveno é de 24 puntos. Por diante chegou Jeffrey Herlings que tamén se quere meter na pelexa por lograr o título. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar