Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tradición do chocolate con churros recupera o seu esplendor tras a pandemia

A tradición do chocolate con churros recupera o seu esplendor tras a pandemia

Moitas churrerías empezaron a traballar de madrugada para dar feito

G24.gal 01/01/2023 13:28 Última actualización 01/01/2023 14:11

Despois de pasar unha Noitevella de troula chovendo a chuzos, nada mellor que un bo chocolate con churros para que o corpo entre en calor.

A tradición repítese cada un de xaneiro na maioría das localidades galegas e, tras as restricións da pandemia, recupera o esplendor doutros tempos.

En teoría a receita é sinxela: auga, fariña, sal e aceite para fritir, pero a elaboración dos churros require determinadas condicións que son as que ofrecen os locais especializados.

O persoal da churrería Os Pepes, na Cidade da Murallas, xa leva vendidos neste 2023 que acaba de empezar máis de 4.000 unidades.

Aninovo e Reis, e no caso de Lugo o Domingo das Mozas, son, con moita diferenza, os días do ano nos que máis churros se venden.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar