Cinco hidroeléctricas portuguesas pechan a súa actividade pola seca
Cinco hidroeléctricas portuguesas pechan a súa actividade pola seca
As súas centrais máis achegadas a Galicia non xeran enerxía dende hoxe
No sur do país hai áreas onde se prohibiu a rega
Portugal detivo a produción hidroeléctrica de 5 encoros. A situación de seca no país veciño é preocupante. Rexistraron o mes de decembro máis seco en 40 anos e este de xaneiro vai polo mesmo camiño. Unha das centrais que cesou a actividade é o encoro de Lindoso que limita con Galicia.
É histórico que Portugal se encontre nesta situación en pleno inverno. Dependen de que chova en marzo e abril, como explicaba hai unhas horas o ministro de medio ambiente. Por sorte, os nosos veciños son líderes en xerar electricidade con enerxías renovables e poden suplir facilmente este déficit de produción, de feito a enerxía solar comezou a repuntar axudado polos días solleiros. Pero hai danos máis difíciles de suavizar, como os da agricultura. Na zona leste do Algarve está prohibido regar ata que se supere esta crise.