Circula a 243 quilómetros por hora pola A-52
Circula a 243 quilómetros por hora pola A-52
Interceptouno un radar móbil da Garda Civil en Allariz, superou en máis de 80 km/h a velocidade permitida
O condutor de 34 anos e residente en Cambados conta con numerosos antecedentes e cunha orde de busca e captura en Córdoba
Circulaba a 243 quilómetros por hora pola autovía das Rías Baixas. Interceptouno un radar móbil da Garda Civil en Allariz, superou en máis de 80 km/h a velocidade permitida.
O condutor de 34 anos e residente en Cambados conta con numerosos antecedentes e cunha orde de busca e captura en Córdoba.
Ademais, deu positivo en consumo de cocaína. Agora enfróntase a unha posible pena de prisión de tres a seis meses.
Dende a Garda Civil fan un chamamento á prudencia tendo en conta que a canta menos velocidade circulemos máis capacidade teremos de reacción.