Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cita co anime, o manga e a cultura xaponesa en ExpOtaku

Cita co anime, o manga e a cultura xaponesa en ExpOtaku

A feira regresou a Expocoruña cun amplo programa de actividades de inspiración nipona

G24.gal 26/11/2022 21:25 Última actualización 26/11/2022 21:45

ExpOtaku é unha cita que non perden os amantes do anime e do manga xaponés. A feira regresou á Coruña con actividades e propostas que xiran ao redor da cultura pop nipoa.

Para os ollos profanos, ExpOtaku pode parecer caos e balbordo, pero o que semella confuso nun primeiro momento, vese máis claro percorrendo a feira.

Hai por exemplo un espazo ben definido para as artes marciais tradicionais xaponesas, unha zona para os videoxogos e outra para os expositores comerciais.

Por todas partes pululan os cosplayers cos disfraces que nos transportan ao mundo manga, ao anime ou ao Xapón dos samurais.

O programa é practicamente inabordable. Charlas, concursos, desfiles, exhibicións, talleres. Todo concentrado nunha fin de semana. O evento desenvólvese en Expocoruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar