Claudio e Bordalás coinciden: "Non se tiña que xogar o partido"
Claudio e Bordalás coinciden: "Non se tiña que xogar o partido"
O adestrador celeste destacou o carácter competitivo do seu equipo
Claudio e Bordalás falaron do "raro" que foi xogar este partido. O adestrador do Xetafe foi moi contundente: "Non se tiña que xogar a xornada. Onte non vin nada de fútbol, a miña mente non está nos partidos". Bordalás é alacantino e tocoulle de preto todo o acontecido na Comunidade Valenciana.
Do mesmo xeito se expresou Claudio Giráldez, que destacou o emotivo minuto de silencio que houbo antes do encontro. "Hai xente no equipo que só está pendente do teléfono, tocounos traballar nunha situación moi rara", comentou o porriñés.
Tocante ao partido, Claudio puxo en valor a reacción do seu equipo despois da derrota contra o Leganés: "Cando estamos concentrados somos capaces de competir contra calquera rival". E gustoulle moito o partido que fixeron Ristic e Douvikas, as grandes novidades no equipo titular.
Ao adestrador gústalle a competitividade: "É o que quero, que os xogadores me fagan darlles moitas voltas ás aliñacións".