Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira proba de pretemporada para o novo Celta de Giráldez (20:00, TVG)

Primeira proba de pretemporada para o novo Celta de Giráldez (20:00, TVG)

O Benfica será o rival co que se estree o proxecto da 24-25 este sábado 

Claudio eloxiou a Borja Iglesias e lamentou a desvinculación de Iker o ano pasado

G24.gal 12/07/2024 15:01

Este sábado o Celta comeza a pretemporada enfrontándose a un rival de categoría, o Benfica, equipo destacado en Portugal e que xoga Champions todos os anos. Esa foi a intención do Celta e de Claudio cando deseñaron a pretemporada. enfrontarse a rivais de entidade e moi diversos no seu xogo para poder afrontar con mellor forma unha temporada que se prevé moi dura.

Moi dura porque o Celta non semella estar en posición de facer fichaxes, de feito, fálase de só dúas fichaxes este ano, un dianteiro -sendo o preferido Borja Iglesias- e un mediocampista. Sobre o dianteiro do Betis, Claudio falou moi ben e dixo que lle encantaría telo, pero que agora mesmo e xogador doutro equipo. Sobre o posible centrocampista non dixo nada, pero si falou de Iker Losada, ao que eloxiou e dixo que foi unha pena desfacerse del o ano pasado., "o erro está no ano paado, non tanto neste".

Pese ás dificultades na confencción do cadro de xogadores -Claudio está tendo que adestrar máis de 30 xogadores- e á pobre previsión das fichaxes, Claudio móstrase contento co seu equipo e confía en saír adiante co que ten, sempre confiando na canteira, canteira que el coñece á perfección. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos