O renacer de Joseph Aidoo
O renacer de Joseph Aidoo
O central ghanés fala da súa lesión no tendón de Aquiles e do proceso de recuperación
Agradece o apoio de todas as persoas que estiveron con el nos momentos difíciles
Joseph Aidoo está de volta. A muralla da zaga celeste volve aos terreos de xogo e xa se adestra con normalidade co resto de compañeiros. O proceso de recuperación logo de romper o tendón de Aquiles da perna esquerda foi moi longo. O central explica nun vídeo como foi o proceso e que sentimentos tivo durante todos os meses nos que non puido saltar ao verde.
O ghanés remarcou a importancia que tiveron a súa filla e a súa muller en todo o proceso de repouso e recuperación, así como o resto da súa familia. Tamén tivo boas palabras para o Celta, acordándose de todos os traballadores do club e dos afeccionados, que se achegaban a el pola rúa para animalo e desexarlle o mellor.
"Esta foi a primeira vez que estiven moito tempo apartado dos terreos de xogo", apuntou Aidoo. Este factor fixo que a espera fora moi dura mentres vía como os seus compañeiros se adestraban e xogaban para acadar a permanencia. O central estivo aí durante a lesión, e agora quere demostrar que está preparado para a nova temporada. Nun vídeo no que se emocionou e lle caeron bágoas ao acordarse de todo o que viviu esta tempada, Joseph demostra as súas ganas de xogar e súa implicación co club.