O día un de Escudero nun Dépor en marcha
O día un de Escudero nun Dépor en marcha
O equipo adestra con Chacón e Petxarroman integrados no grupo
A última fichaxe do Deportivo xa coñece aos seus compañeiros. Sergio Escudero estivo presente no adestramento do equipo, pero non se exercitou. Estivo presente na charla técnica e despois abandonou o céspede de Abegondo, á espera de que comece a entrar na dinámica nas vindeiras sesións.
Si que adestraron con normalidade Chacón e Petxarroman, que completaron a sesión e mostran complicidade e entendemento entre eles. O equipo prepara xa o seu primeiro amigable contra o Ourense C. F., recen ascendido a 1.ª RFEF, o día 23 no Couto, ás 20:00 horas.
Tras a incorporación de Escudero, o Deportivo da Coruña segue traballando para fichar máis caras novas. A idea é clara. Conformar un cadro de xogadores fiable e con nivel para a segunda na súa volta á categoría.