Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claudio Giráldez: "Finalizamos con sete canteiráns e vin moita unidade no vestiario"

Claudio Giráldez: "Finalizamos con sete canteiráns e vin moita unidade no vestiario"

O adestrador do Alavés, Luis García Plaza, dixo que o árbitro se equivocou por perdoarlle a Iago Aspas a tarxeta vermella

G24.gal 16/08/2024 21:43 Última actualización 16/08/2024 21:51

Claudio Giráldez amosouse moi satisfeito co triunfo do Celta ante o Alavés

"Satisfeito coa reacción, cos 20 primeiros minutos da segunda parte, coas achegas da xente suplente...".

"Finalizamos con sete canteiráns sobre o campo. Vin moita unidade no vestiario".

Mentres o adestrador do Alavés, Luis García Plaza, dixo que o árbitro Quintero González se equivocou ao perdoarlle a Iago Aspas a tarxeta vermella tras ir revisar a xogada ao monitor.

“A única persoa que viu que non é vermella é a do VAR. No campo nin a vía, pero cando vou ao monitor e véxoo, digo que é vermella. O regulamento é claro, a intención castígase e dálle. O árbitro fixo un partido perfecto, o seu debut na categoría foi espectacular, pero nesa xogada creo que se equivoca porque é o criterio do de arriba contra o seu”, expuxo en conferencia de prensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade