Publicador de contidos
Publicador de contidos

Claves para a campaña da renda 2023, que arrinca este martes

Claves para a campaña da renda 2023, que arrinca este martes

Comeza o 11 de abril e remata o 30 de xuño

O cheque de 200 euros para familias vulnerables hai que declaralo como ganancia patrimonial, igual que o bono cultural para mozos

Hai un novo cadro para a declaración de criptomoedas

G24.gal 09/04/2023 17:55

Poñer en orde as contas con Facenda xa está a un paso. En 48 horas arranca a campaña da renda. En liñas xerais, reduciranse lixeiramente os tipos, os mínimos persoais e familiares.

A obrigación de presentar a declaración da renda está ligada a varios supostos, entre eles ter ingresos do traballo superiores a 22.000 euros, se proceden dun só pagador, ou 14.000 euros, se proceden de varios pagadores; ter rendementos do capital mobiliario ou ganancias patrimoniais superiores a 1.600 euros; gozar da dedución por investimento en vivenda habitual ou ser beneficiario do ingreso mínimo vital.

Pero calquera contribuínte, aínda que non estea obrigado, pode presentala se considera que ten dereito a unha devolución.

Os expertos lembran que este ano as nais afectadas por un ERTE poden incluír a dedución por maternidade e os gastos de gardería de forma retroactiva, desde 2020. Tamén son deducibles os gastos en obras para mellorar a eficiencia enerxética do fogar, e os cartos investidos nos plans de pensións: ata 1.500 euros nos plans individuais, e ata 8.500 nos de empresa.

Ollo, porque hai que declarar as axudas recibidas, por exemplo, o cheque de 200 euros para as persoas con baixos ingresos ou o bono cultural.

A partir do martes xa se poderá descargar o borrador e facer a declaración da renda por Internet. O prazo remata o 30 de xuño. Os que prefiran realizala por teléfono, terán que agardar a maio. E os que queiran acudir presencialmente ás oficinas da Axencia Tributaria, terán cita para xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade