Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra volve á época medieval coa súa Feira Franca

Pontevedra volve á época medieval coa súa Feira Franca

Pregoeiros a cabalo anunciaron esta tarde a boa nova por toda a vila

G24.gal 02/09/2022 19:12

Esta tarde comezou a Feira Franca en Pontevedra. A cidade agarda milleiros de visitantes durante toda a fin de semana.

Pregoeiros a cabalo anunciaban arredor das sete o comezo da vixésimo primeira edición da Feira. Despois de dous anos sen celebración pola covid-19, a festa trae á cidade torneos, concursos de cetrería, grandes banquetes con música da época e un mercado medieval en que ademais se representan oficios antigos.

O evento saca milleiros de persoas de toda Pontevedra á rúa, dende os que piden esmola cos cantares de cego ata os membros da nobreza local.

Tamén atrae visitantes de todo o país.

Haberá banquetes e espectáculos por toda a vila e mesmo un castelo medieval con atraccións para os cativos. Este sábado será o día grande da festa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos