Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense é o escaparate da innovación na súa Mobile Week

Ourense é o escaparate da innovación na súa Mobile Week

O evento tecnolóxico propón unha reflexión sobre a transformación dixital na cidadanía

Durante cinco días ofrece máis de 90 actividades de balde en que participarán máis de 100 ponentes e 50 empresas tecnolóxicas

Teresa Ordás presenta a exposición 'Paisojos' na que capta co seu móbil o reflexo dos lugares e paisaxes na mirada da xente

'Paisojos' son os reflexos reais dos lugares nos ollos da xente.
G24.gal 19/11/2021 20:46

Comeza en Ourense a Mobile Week. Durante cinco días a capital das Burgas convértese nun escaparate das novas tecnoloxías e a innovación, cunha morea de actividades e debates sobre como o dixital cambiou e está a cambiar as nosas vidas.

Dentro deste evento tecnolóxico pódese ver estes días na sede da Confederación de Empresarios de Ourense a mostra 'Paisojos', un proxecto fotográfico da xornalista, Teresa Ordás. Teresa leva 13 anos fotografando co seu móbil os reflexos reais nos ollos da xente. 

As fotografías nacen e medran no móbil e van directamente ao seu Instagram, xa leva unha ducia de países reflectidos nas miradas.  A Mobile Week Ourense e a xente que asista a ela tamén van ser retratadas e formarán parte dunha exposición posterior. Convidan a todo o mundo a deixar retratar as paisaxes e os lugares da cidade nas súas olladas.

Un escaparate de innovación para a cidade

Desde este veres ata o martes Ourense é a capital da revolución tecnolóxica cunha morea de actividades abertas a todos os públicos.  Participarán 50 empresas que amosarán un escaparate de innovación e tamén lle servirá á cidade para amosar as súas fortalezas. Haberá máis dun cento poñentes, máis de 90 de actividades, conferencias, obradoiros, exhibicións de drons, actuacións musicais... para todos os públicos. 

Unha alianza entre a Deputación de Ourense coa Fundación Mobile World Capital Barcelona e a Rede Mundo Atlántico que propón reflexionar sobre a transformación que o mundo dixital e as novas tecnoloxías, os dispositivos móbiles e as pantallas, supón nas nosas vidas diarias.

A mosttra de Teresa Ordás 'Paisojos' pode verse na sede da CEO en Ourense.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade