O Atlantic Fest quenta motores e prepárase para traer a Vilagarcía o mellor do pop español
O Atlantic Fest quenta motores e prepárase para traer a Vilagarcía o mellor do pop español
As Festas do Apóstolo e O Marisquiño amplían programa
O recinto está valado e arrancaron xa os traballos de montaxe para que todo estea a punto e gozar da música no paraíso. O Atlantic Fest levará á praia da Concha, en Vilagarcía, máis dunha vintena de artistas do xoves 19 de xullo ao domingo 21.
Canda DePedro estarán Mika, Sidonie, Elefantes, Carlos Ares, Carlos Sadness, Andrés Suárez ou Los Planetas, embarcados na xira do 30 aniversario de seu disco 'Super 8'.
Os espectáculos pirotécnicos coma o do 24 de xullo brillan na programación das Festas do Apóstolo en Santiago.
As prazas encheranse de música de raíz, local, e de moitas mulleres no escenario, como Uxía Senlle ou Mercedes Peón na praza da Quintana, onde o grupo mallorquino Antónia Font pechará as festas o 31 de xullo.
O programa inclúe danza, teatro e un espectáculo de Drons que o 20 de xullo homenaxeará as cidades patrimonio.
E xa en agosto, do 8 ao 11, Vigo acollerá o grande evento da cultura urbana. Volve o Marisquiño, co BXM, o skate ou descenso urbano. Na proposta musical Reality, Rusowsky e ABHIR serán os cabezas de cartel na praia de Samil, cunha trintena de artistas que axitarán a pista de baile.