Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza o prazo para pedir as axudas da Xunta para renovar electrodomésticos

Comeza o prazo para pedir as axudas da Xunta para renovar electrodomésticos

Cobren entre o 25 % e o 75 % do prezo

As axudas van de 100 a 450 euros e permiten renovar lavadoras, frigoríficos, lavalouzas ou placas de indución
G24.gal 08/02/2024 13:58

Din os vendedores que a afluencia de clientes e as reservas dispáranse estes días. O motivo: que moitos queren aproveitar o Plan Renove para levar á casa electrodomésticos máis eficientes. A Xunta destina máis de dous millóns cen mil euros a estas axudas.

Cobren entre o 25 % e o 75 % do prezo. Desde os 100 euros que recibirá un consumidor por cambiar, por exemplo, unha lavadora, ata os 450 que cobrará un cidadán en situación de vulnerabilidade severa por un frigorífico.

Os máis madrugadores non queren perder a oportunidade. O prazo para solicitar estas axudas remata o 30 de setembro, pero, ollo, porque se van conceder por orde de solicitude. Os vendedores din que paga a pena apostar por electrodomésticos máis eficientes. A Xunta calcula que as axudas van beneficiar unhas 14.000 familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade