Comeza o xuízo ao exalcalde de Pontecesures por suposta agresión sexual a súa sobriña
Comeza o xuízo ao exalcalde de Pontecesures por suposta agresión sexual a súa sobriña
A Fiscalía pide para el 15 anos de cárcere
Comeza en Santiago o xuízo ao exalcalde de Pontecesures Luís Álvarez Angueira por suposta agresión sexual a súa sobriña.
O fiscal acúsao dun delito continuado de agresión sexual entre 1996 e 2001, cando a vítima era menor de idade.
A vítima, a súa sobriña política, foi ademais concelleira no municipio de Rianxo.
A Fiscalía pide para o acusado unha pena de cárcere de 15 anos, ademais da prohibición de aproximarse á vítima ou comunicarse con ela durante 10 anos. Así mesmo, solicitan liberdade vixiada tamén durante 10 anos. Por último, piden unha indemnización para a vítima de 30.000 euros por danos morais.
Antes de que se iniciase a vista, membros de organizacións feministas, entre elas a Marcha Mundial das Mulleres, concentráronse ás portas do xulgado para apoiar a vítima.