Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan a poñer a dose de reforzo aos vacinados con Janssen

Comezan a poñer a dose de reforzo aos vacinados con Janssen

Máis de 120.000 galegos puxeron a vacina da multinacional de Johnson & Johnson e agora recibirán unha dose de Pfizer ou Moderna

G24.gal 15/11/2021 15:19

O Relatorio de Vacinas recomenda administrar unha dose de reforzo ao grupo de idade de 60 a 69 anos. Poñeríanlla, igual que aos de máis idade, xunto coa da gripe, que unhas comunidades administran a partir dos 60 anos e outras a partir dos 65. A decisión final adoptarase na Interterritorial de Saúde. 

As recomendacións do Relatorio de Vacinas adoitan aprobarse. É o caso do reforzo para quen recibiu inicialmente a monodose de Janssen. En Galicia son 122.000 persoas. Hoxe comezou a administrase á poboación reclusa e ás persoas que non poden saír da casa.

Este luns comezaron a recibir a dose de reforzo os vacinados con Janssen. En Galicia son 122.700 persoas.

Ana Teresa ten máis de 80 anos. A primeira vez que a vacinaron non podía saír da casa, por iso lle puxeran Janssen. Hoxe inocúlanlle a dose de reforzo de Pfizer xunto coa da gripe. O mesmo que a Concepción. Coma elas, máis de 120.000 galegos foron vacinados con Janssen.

Un estudo do Ministerio de Sanidade constatou que dos catro preparados que existen o de Janssen é o que menos protexe fronte á covid–19, por iso se decidiu administrar unha nova dose de reforzo aínda que xa de Pfizer ou de Moderna.

O venres estenderase a vacinación a outros colectivos. Sanidade prevé rematar de administrar a dose de reforzo aos vacinados con Janssen o 5 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos