Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as negociacións entre PSC e ERC para investir a Salvador Illa

Comezan as negociacións entre PSC e ERC para investir a Salvador Illa

G24.gal 18/06/2024 12:18

Os equipos negociadores de PSC e ERC deron este martes o tiro de saída ás negociacións para a posible investidura do socialista Salvador Illa como próximo presidente da Generalitat.

A reunión, celebrada en Barcelona sen convocatoria de medios de comunicación, serviu para dar comezo ás negociacións e ambas as partes emprazáronse a "continuar traballando", segundo indicaron PSC e ERC nun comunicado conxunto.

O primeiro debate de investidura está previsto para o vindeiro martes, día 25, pero o primeiro secretario do PSC, Salvador Illa, xa avanzou que pedirá ao presidente do Parlament, Josep Rull, "máis tempo" para poder articular unha "maioría progresista" con ERC e Comuns que permita a súa investidura como presidente da Generalitat.

Se Rull non atopa ningún candidato con opcións de ser investido, pode prescindir deste pleno específico e, no seu lugar, activar igualmente a conta atrás de dous meses -que acabaría cara ao 25 de agosto- para investir a un novo presidente ou, se iso non é posible, repetir as eleccións catalás en outubro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade