Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as obras de recuperación da estrada que afundiu en Campañó

Comezan as obras de recuperación da estrada que afundiu en Campañó

A auga acumulada pola borrasca Gerard provocou a escorredura que afundiu o asfalto

Un vehículo envorcou e a condutora feriuse levemente

A estrada, de titularidade provincial, permanecerá cortada mentres duren os traballos de reconstrución 

 

G24.gal 19/01/2023 13:58

Malia a intensa chuvia, as maquinas xa están a traballar para recuperar o tramo afundido na estrada da parroquia pontevedresa de Campañó. O incidente produciuse como consecuencia da borrasca Gerard, que provocou tal acumulación de auga no terreo que acabou cedendo e levou por diante parte do asfalto.

Nese momento pasaba un coche e envorcou, o cal ocasionou feridas leves á condutora e única ocupante. Mentres continúan os traballos de recuperación, o tráfico desta estrada da Deputación de Pontevedra, que comunica co colexio Los Sauces, está cortado. A maioría dos vehículos estanse a desviar pola estrada de Vilagarcía. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade