Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan os descontos do 95 % nos billetes de bus do Eixo Atlántico

Comezan os descontos do 95 % nos billetes de bus do Eixo Atlántico

Monbus suma unha rebaixa do 45 % ao 50 % que xa descontan as administracións

A viaxe A Coruña-Vigo custa agora 60 céntimos fronte aos 14 euros habituais

G24.gal 06/09/2022 14:56

Vigo-A Coruña 64 céntimos, Santiago-Pontevedra 25 céntimos, Vilagarcía-Padrón 9.... Así de barato sae desde hoxe viaxar en bus nas principais rutas do Eixo Atlántico.

A suma do desconto da concesionaria e o das administracións fai que o viaxeiro só pague o 5 % do billete. Unha medida especialmente ben recibida por aqueles que non poden coller os trens gratuítos de media distancia.

"Levei unha sorpresa", "pasei a tarxeta hoxe e saíume máis barato o bus", "para o usuario é moi bo cos tempos que corren", din algúns usuarios.

"Vese unha afluencia normal, mellor incluso do habitual. Queriamos competir coa gratuidade dos trens de media distancia e fidelizar a xente que se despraza de sempre nos nosos buses" explica o xerente de Monbus en Santiago, Rodrigo Bravo.

O único requisito para beneficiarse destes descontos que se aplicarán ata finais de ano é ser usuario da Tarxeta de Mobilidade de Galicia.

"O desconto aplícase automáticamente ao pasar a tarxeta polas máquinas canceladoras dos buses", aclara o xerente.

Unha rebaixas coas que se busca axudar os viaxeiros en plena inflación, mentres se fomenta a mobilidade sostible no transporte público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade