Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan os xuízos ás xornalistas que destaparon o caso de Mahsa Amini

Comezan os xuízos ás xornalistas que destaparon o caso de Mahsa Amini

Nilufar Hamedi publicou imaxes de Amini e o seus familiares no hospital

Elahe Mohammadi cubriu o enterro da rapaza no Kurdistán

Grupos de dereitos humanos critican o proceso xudicial ao que se enfrontan

G24.gal 01/06/2023 08:55

Irán xulga as dúas xornalistas que sacaron á luz o caso de Mahsa Amini. Están sendo procesadas en cadanseu xuízo. Unha delas cubriu o enterro da rapaza e a outra divulgou imaxes da vítima e os seus familiares no hospital.

O falecemento da moza de orixe kurda despois de ser detida por levar mal o veo desencadeou unha vaga de protestas contra o Goberno que puxeron no punto de mira as limitacións impostas ás mulleres polo réxime teocrático de Teherán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade