Incáutanse de varias armas de fogo e brancas en Porto do Son grazas ao aviso duns turistas
Incáutanse de varias armas de fogo e brancas en Porto do Son grazas ao aviso duns turistas
A Garda Civil encontrou nun turismo dun veciño da localidade da Barbanza dúas escopetas de aire comprimido, un revólver de fogueo, unha pistola eléctrica e tres navallas
Axentes da Garda Civil en colaboración coa Policía Local comisaron dúas escopetas de aire comprimido, un revólver de fogueo, unha pistola eléctrica e tres navallas na praia das Furnas en Porto do Son tras o aviso duns turistas.
Un grupo de estranxeiros avisou da presenza dun home cun revólver e unha pistola eléctrica tipo Táser na praia das Furnas.
A Policía Local e a Garda Civil localizaron un home veciño do Porto do Son que coincidía coa descrición facilitada e rexistraron o seu vehículo. Nel, atoparon un revólver de fogueo con tres cartuchos detonados, tres navallas unha pistola eléctrica tipo Táser, prohibida para particulares, con dúas cargas dispostas para o seu uso e dúas escopetas de aire comprimido sen a documentación pertinente.
Os axentes incautáronse das armas atopadas e confeccionaron unha denuncia por supostas infraccións graves da Lei de seguridade cidadá.