Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comparte nas redes sociais a súa experiencia tras unha amputación

Comparte nas redes sociais a súa experiencia tras unha amputación

Con trinta e tres anos, o ourensán Manu Pascual tivo que enfrontarse á amputación dunha perna

Unha situación dura que el asume con moita fortaleza e, incluso, sentido do humor

Comparte vídeos do seu día a día nas redes sociais para axudar outra xente que pase por situacións semellantes

Manu Pascual
G24.gal 30/05/2024 19:46 Última actualización 30/05/2024 20:22

Tras dez anos soportando unha enfermidade que cada vez o limitaba máis, Manu Pascual, ourensán de 33 anos, decidiu coller as rendas.

"Tomei a decisión de falar cos médicos e dicirlles que, se non había unha solución definitiva, prefería perder a perna e mellorar así a miña calidade de vida con vistas ao futuro", explica.

Hai un mes da amputación e aínda lle queda tempo de recuperación. As súas muletas son a familia, amigos e Kubrick, o seu compañeiro inseparable e coprotagonista dos vídeos que Manu publica nas redes sociais, un caderno de bitácora co que pretende axudar outras persoas que atravesen situacións semellantes á súa, como antes lle pasou a el.

"Con que lle sirva de axuda a unha persoa, sinto que isto valeu a pena", asegura Manu.

Faino con moito humor, a actitude que máis lle valeu a el para afrontar a situación.

"Non facela menos grave, porque o que quero é visibilizar e que se vexa que é algo importante, un handicap no día a día, pero ensinar que se poden coller os problemas dun xeito máis positivo, con forza e enerxía".

Comparte as súas experiencias cotiás, desde a alimentación aos exercicios de rehabilitación, o día a día da súa nova vida.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade