Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compostela celebra a 45 edición da súa carreira pedestre popular

Compostela celebra a 45 edición da súa carreira pedestre popular

Máis de 3.400 persoas participaron na competición, entre elas o presidente da Xunta

Os gañadores da proba, de 12 quilómetros, foron Esteban Iglesia e Laura Santos

 

G24.gal 27/10/2024 12:39 Última actualización 27/10/2024 13:04

Este domingo celebrouse en Santiago a 45 edición da carreira pedestre popular polas rúas da cidade, cun percorrido de doce quilómetros para adultos e de sete para escolares.

Este ano máis de 3.400 persoas participaron nesta competición, entre elas, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado, entre outros, polo conselleiro de Cultura.

Coma cada ano, saíron desde a avenida Xoán XXIII e finalizaron a carreira na praza do Obradoiro. Os gañadores desta edición foron Esteban Iglesia e Laura Santos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade