Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda téndelle a man á poboación galega emigrante no Uruguai

Rueda téndelle a man á poboación galega emigrante no Uruguai

O presidente da Xunta ofrece incentivos ao retorno e axudas para persoas con dificultades 

G24.gal 16/10/2022 10:17 Última actualización 16/10/2022 11:32

Galicia e O Uruguai fixeron moito xuntos no pasado pero, no futuro, aínda poden construír máis cousas un de par do outro. Dixérono Alfonso Rueda e Beatriz Argimón, vicepresidenta do país latinoamericano, que o acompañou no último acto da súa primeira xornada nestas terras.

Na capital, o presidente da Xunta visitou a Sociedade de Auxilios Mutuos que asumiu hai poucas semanas a atención sanitaria da poboación emigrante, antes a cargo do desaparecido Fogar Español.

No 68 aniversario do centro pontevedrés de Montevideo, a vicepresidenta do Uruguai, neta de galegos, interpretou a viaxe do presidente da Xunta como a proba do que aínda cómpre facer  cousas xuntos.

"Queremos seguir construíndo eses lazos cada vez máis fortes", asegurou. 

Con ese mesmo propósito, Alfonso Rueda reúnese este luns co presidente Luis Lacalle. Á poboación emigrante no Uruguai ofrécelles programas para o retorno da súa descendencia, axudas individuais ás persoas con dificultades e apoio ás entidades que as acollen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade