Concentración de protesta en Lugo pola excarceración do "violador do portal"
Concentración de protesta en Lugo pola excarceración do "violador do portal"
A sentencia o condenara a cumprir seis anos e medio de prisión por agresión sexual a una moza
Piden que se modifique ou se derrogue a lei e a dimisión da ministra de Igualdade
A Asociación Mulleres pola igualdade da provincia de Lugo convocou unha protesta contra a lei do si é si.
Os manifestantes dinlle ao Goberno que non abonda con modificar unha lei da que xa se beneficiaron 500 agresores sexuais, e esixen a dimisión da ministra de Igualdade.
Entre os beneficiados polas rebaixas de condenas está o violador do portal de Lugo, que saíu do cárcere dous anos antes do previsto.
A sentencia o condenara a cumprir seis anos e medio de prisión por agresión sexual a una moza á que abordou nun portal, e por intentalo con outra.
"Catro anos despois vémonos na tesitura que xa está na rúa outra vez," Mary Fraga, da Asociación de Mulleres en Igualdade.
Di que as mulleres se atopan completamente desamparadas e que nos poñamos na pel das vítimas. Algún se puxo na pel das vítimas cando quedou en liberdade o agresor, e como iso lles pode estar afectando psicoloxicamente?
Os participantes no acto de protesta, esixen a dimisión da ministra de Igualdade. Iasone Lourenzo, membro da asociación di que piden que se modifique ou se derrogue a lei e a dimisión de Irene Montero por non pedir perdón pola lei que promulgaron sabendo o que podía pasar, por non rectificar e por rirse das vítimas.
Dende a aprobación da lei máis de 500 agresores sexuais conseguiron rebaixas nas condenas e 32 deles quedaron en liberdade.