Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores da prisión de Bonxe protestan tras a agresión a un funcionario

Os traballadores da prisión de Bonxe protestan tras a agresión a un funcionario

Os funcionarios din que o cárcere non está catalogado nin preparado para albergar presos conflitivos

G24.gal 13/03/2023 14:15

Concentración de protesta no cárcere lugués de Bonxe tras a agresión que esta fin de semana sufriu un funcionario, que quedou inconsciente tras ser golpeado por un recluso. 

Os traballadores piden máis medios e máis seguridade. Afirman que, de media, cada 21 horas un funcionario é vítima dunha agresión nos cárceres españois.

Carlos, o funcionario de Bonxe vítima da agresión., aínda continúa hospitalizado en observación. O agresor chegara hai unhas semanas procedente dun cárcere en Salamanca, onde xa protagonizara un incidente similar.

Os funcionarios do penal lugués denuncian que Bonxe está catalogado como centro para recibir presos próximos á lograr a condicional e non está preparado para atender reclusos conflitivos.

Carlos Gundín. da Asociación Profesional de Funcionarios de Prisións, di que, pola contra, a dirección xeral está enviando a Bonxe internos dun perfil completamente oposto e aquí non teñen nin medios nin persoal para atendelos.

Manuel Vázquez, do Sindicato CSIF, denuncia que están a facer unha "mala clasificación" e "internos que protagonizan altercados en cárceres que son de máxima seguridade envíanos a cárceres coma Bonxe para mellorar as estatísticas".

Piden máis medios humanos e materiais e que sexan recoñecidos coma axentes da autoridade.

O agresor, que está a tratamento por problemas psiquiátricos, foi trasladado á prisión da Lama.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade