Concentración en Baleira contra os abusos sexuais continuados a unha menor
Concentración en Baleira contra os abusos sexuais continuados a unha menor
A vítima padeceu as agresións desde os sete ata os trece anos de idade e acabou embarazada
A irmá da vítima, o seu mozo e o irmán deste último foron condenados a tres anos de prisión
Concentración en Baleira, convocada polo concello, para manifestar a indignación que lles causou coñecer o inferno vivido por unha veciña da localidade.
Hoxe xa é maior de idade, pero entre os 7 e os 13 anos sufriu abusos sexuais por parte do seu cuñado e o irmán del, coa colaboración da súa propia irmá. O asunto sucedeu hai máis dun lustro, pero coñeceuse esta mesma semana.
O alcalde, Álgel Martínez, cualificou os actos como atroces e repulsivos. Con el coincidiron as persoas concentradas, sorprendidas de non teren coñecemento da situación.
Indignación tamén pola pena que van recibir os tres implicados, o cuñado, o irmán del, e a propia irmá da vítima, que a induciu a manter as relacións sexuais desde que tiña 7 anos e ata os 13, cando acabou quedando embarazada.
Debido ao tempo transcorrido houbo unha rebaixa e as partes acordaron unha condena de 3 anos de cadea.
De non ter aceptado o acordo, a vítima tería que declarar no xuízo, unha cuestión que non lle resultaba agradable.