Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concentración veciñal en Pontevedra contra o peche ao tráfico da rúa Victoria

Concentración veciñal en Pontevedra contra o peche ao tráfico da rúa Victoria

G24.gal 27/11/2021 15:59

En Pontevedra, centos de veciños concentráronse onte contra o peche da rúa Raíña Victoria. É unha das principais vías de acceso ao centro da cidade que o concello quere peonalizar definitivamente.

Hai máis dun ano o Concello pechou a rúa Raíña Victoria alegando a situación de pandemia. Para a unión de asociacións Por Pontevedra, convocante da concentración, tratouse dunha decisión que está a causar un grave prexuízo aos comerciantes. Segundo esta unión de asociacións, detrás desta decisión está a intención do Concello de afogar o tráfico da ponte da Barca.

Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu a razón ao Concello no peche da rúa.

A plataforma Por Pontevedra reclama máis diálogo por parte do Concello. Din que o peche da rúa Raíña Victoria causa máis prexuízos que beneficios.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade