Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado a oito anos e medio de cárcere por violar unha muller en Cambre

Condenado a oito anos e medio de cárcere por violar unha muller en Cambre

O condenado é un mozo de 18 anos que quedara cunha moza de 20 pola rede social Tinder

Contra esta sentenza cabe presentar recurso

G24.gal 27/05/2022 13:21

A Audiencia Provincial da Coruña acaba de condenar a oito anos e medio de cárcere un home que violou unha muller á que coñecera a través da rede social Tinder, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.  Contra esta sentenza cabe presentar recurso.

O tribunal considera probado na sentenza que o acusado, de 18 anos, quedou coa vítima, de 20,  e despois de daren un paseo propúxolle manter relacións sexuais tras "bicárense e realizaren tocamentos". A sentenza recolle que a "muller se negou porque carecían de preservativo" e que  o "home  a violou facendo caso omiso das peticións de que parase, chegando a dicirlle que calase".

"A vítima, non sendo capaz de quitalo de enriba, non fixo nada e entrou en estado de choque", destaca a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña.

A sentenza considera que o sospeitoso, "consciente de que non contaba co consentimento dela", empezou a grabar co seu teléfono móbil, "sen que conste que difundise a terceiras persoas", as imaxes.

O acusado argumentou no xuízo que "a relación sexual que mantiveron foi voluntaria".

A sentenza sinala que a condena é por un delito contra a liberdade sexual na modalidade de violación e por outro delito contra a intimidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade