Condenan unha muller do Reino Unido que mantivo unha filla oculta baixo a cama tres anos
Condenan unha muller do Reino Unido que mantivo unha filla oculta baixo a cama tres anos
A muller, condenada a unha pena de sete anos de prisión, só sacaba a nena para cambiarlle o cueiro e darlle de comer
E mentres mantiña a pequena agochada a muller tiña outros fillos cos que aparentemente mantiña unha vida familiar convencional
Unha muller foi condenada no Reino Unido a sete anos de cadea por manter oculta nun caixón unha filla súa durante tres anos. A nai mantiña a pequena secuestrada baixo a súa cama. A nena nunca vira a luz do día.
A situación da meniña era dramática, mental e fisicamente. O caso chamou especialmente a atención das autoridades e traballadores sociais británicos. E mentres mantiña a pequena agochada nun caixón baixo a cama durante eses tres anos, chama a atención que a muller tiña outros fillos cos que, aparentemente, mantiña unha vida familiar convencional.
Tiña tamén unha parella. Pero ninguén na casa sabía da presenza da pequena. Súa nai dera a luz na casa, soa, e desde ese momento meteu a meniña nun caixón, que só abría para cambiarlle o cueiro e darlle leite con cereais cunha xiringa. Non a sacaba para nada máis. Nunca.
Como deron coa pequena? Unha visita un día, na casa, escoitou un choro de bebé, achegouse ao cuarto, que estaba sempre pechado con chave menos ese día, e atopou a pequena. Estaba desnutrida e, con tres anos, nin falaba nin camiñaba. Agora está nun centro de acollemento.
A nai acaba de ser condenada a sete anos de cadea. Asegurou que a agochara porque a pequena fora froito dunha relación cun home que a maltrataba e que non quixo saber nada da nena.